sábado, 13 de febreiro de 2016

Práctica 08: crea a túa páxina web

Gazas á plataforma que nos recomendou o noso profe Pascual, Wix, podemos crear as nosas páxinas web. Ademais, inclúe unhas plantillas que axudan moito para guiarte e darche ideas do diseño da túa páxina a corde co tema do que vai tratar. Esta é a miña, decidín facela de fotografía porque apasióname. Aquí vos deixo o resultado!

martes, 8 de decembro de 2015

Práctica 07: efecto maqueta, «búscase» e retrato con fondo clonado.

Os exercicios de hoxe conseguen uns efectos moi peculiares. 
O tilt&shift, ou efecto maqueta, fai que os obxectos destacados parezan de xoguete. Conséguese cun enfoque do que queremos resaltar e un aumento da saturación da imaxe.
Quen non coñece o mítico cartel do salvaxe oeste de "búscase"? Pois co noso editor podémolo conseguir de maneira moi sinxela!
Por último, unha imaxe co fondo clonado, que lle da un toque artístico a calquer retrato.
Aquí volos deixo!

Efecto maqueta


Esta práctica pódese facer de dúas maneiras. Unha é co programa GIMP, moito máis eficaz e con mellor resultado, co que o fas todo a man e ao teu gusto.




A outra é co programa online tiltshiftmaker, no que el se encarga de facer prácticamente todo. É moito máis rápido e cómodo, pero os resultados, na miña opinión, son algo peores.




Cartel «búscase»



Retrato con fondo clonado



venres, 27 de novembro de 2015

Práctica 06: desaturado selectivo e foto antiga coloreada.

Seguimos cas prácticas en GIMP. Esta vez traiovos dous exercicios. O primeiro consiste en deixar unha determinada cor á vista e o resto da imaxe desaturada (ou en blanco e negro). O segundo exercicio trata sobre colorear unha foto antiga que se fixo en blanco e negro. Aquí están:

Desaturado selectivo



Foto coloreada


venres, 30 de outubro de 2015

Práctica 05: Zombieficación e fotos de medo

Co conto do Samaín... O noso profesor Pascual organizou un concurso de fotografías terroríficas e ensinounos como manipular varias imaxes con GIMP para conseguir unha zombieficación incrible. Eu, que son un pouco tola, elexín a Aless Gibaja e fixen del un zombie algo humorístico. Aquí tedes o resultado!



Ademais, aquí están as fotos de medo: 



martes, 13 de outubro de 2015

Práctica 04: Presentación con Google Drive (antiguo Google Docs)

Google Drive é unha ferramenta moi útil que serve para gardar archivos online na nosa conta de correo de Google, coñecida como Gmail. Ademáis de gardalos, podémolos editar cando e onde queiramos, sempre que teñamos internet e accedamos á nosa conta.

Aquí vos deixo unha das presentacións que fixen o curso pasado para lingua castelá sobre o gran autor Pablo Neruda.

Práctica 03: Que uso lle dou ao ordenador

Creo recordar que o meu primeiro ordenador chegou á casa por motivos de traballo de meu pai cando eu tiña 8 anos. Naquel entón, eu flipaba só co que era crear unha nova carpeta. Usaba o ordenador para xogar a videoxogos como o PinBall, Zapper e algúns xogos que viñan no periódico e para escribir como un diario todos os días, que tamén flipaba con escribir as letras de todas as cores.

Logo medrei e pasou a aburrirme porque non tiñamos internet, ata que cumplín os 13 anos máis ou menos, que me adicaba a mirar vídeos de risa en YouTube e mandar e-mails a amigas de lonxe ou chatear polo messenger e cousas así. A continuación chegaron as redes sociais e comecei a usar Tuenti, unha plataforma parecida ao Facebook pero para españois. Esto supuxo para min comezar a levar a cámara dixital a todos lados e coñecer a un montón de xente, foi a partir de aquí cando o meu ocio comezou a cambiar de intereses. Merquei unha cámara Nikon e aficioneime moito á fotografía, pasábame as tardes sacando fotos cas miñas amigas.

No instituto tamén se comezaron a introducir as TIC e, por fin, comecei a facer traballos moito máis extensos e elaborados, xa que Internet me ofrecía un montón de fontes de búsqueda.
Por último, tamén comecei a escoitar e descargar un montón de música nova e a interesarme pola vida de persoas das que lía frases en Facebook ou en blogs.

Penso que o ordenador e Internet son unha gran ferramenta que me permiten estar sempre informada e traballar máis rápida e cómodamente, aínda que cando fallan, son un pouco desesperantes.



venres, 9 de outubro de 2015

Práctica 02: Xeolocalización e mapas con Google Maps e Earth

Google Maps é un servidor de aplicacións de mapas na web. Con el podemos ver fotografías por satélite de todo o mundo, saber diferentes rutas, usalo como GPS... Entre outras cousas, permíteme facer as seguintes, moi interesantes.

Podo ver exactamente o meu edificio e ensinárvolo:




Ou mirar canto tempo me leva ir a ese sitio que sempre quixen visitar:



E ver de preto o monumento que sempre admirei desde pequena


Espero que vos guste a app!