Os exercicios de hoxe conseguen uns efectos moi peculiares.
O tilt&shift, ou efecto maqueta, fai que os obxectos destacados parezan de xoguete. Conséguese cun enfoque do que queremos resaltar e un aumento da saturación da imaxe.
Quen non coñece o mítico cartel do salvaxe oeste de "búscase"? Pois co noso editor podémolo conseguir de maneira moi sinxela!
Por último, unha imaxe co fondo clonado, que lle da un toque artístico a calquer retrato.
Aquí volos deixo!
Efecto maqueta
Esta práctica pódese facer de dúas maneiras. Unha é co programa GIMP, moito máis eficaz e con mellor resultado, co que o fas todo a man e ao teu gusto.
A outra é co programa online tiltshiftmaker, no que el se encarga de facer prácticamente todo. É moito máis rápido e cómodo, pero os resultados, na miña opinión, son algo peores.
Cartel «búscase»
Retrato con fondo clonado
Ningún comentario:
Publicar un comentario