Creo recordar que o meu primeiro ordenador chegou á casa por motivos de traballo de meu pai cando eu tiña 8 anos. Naquel entón, eu flipaba só co que era crear unha nova carpeta. Usaba o ordenador para xogar a videoxogos como o PinBall, Zapper e algúns xogos que viñan no periódico e para escribir como un diario todos os días, que tamén flipaba con escribir as letras de todas as cores.
Logo medrei e pasou a aburrirme porque non tiñamos internet, ata que cumplín os 13 anos máis ou menos, que me adicaba a mirar vídeos de risa en YouTube e mandar e-mails a amigas de lonxe ou chatear polo messenger e cousas así. A continuación chegaron as redes sociais e comecei a usar Tuenti, unha plataforma parecida ao Facebook pero para españois. Esto supuxo para min comezar a levar a cámara dixital a todos lados e coñecer a un montón de xente, foi a partir de aquí cando o meu ocio comezou a cambiar de intereses. Merquei unha cámara Nikon e aficioneime moito á fotografía, pasábame as tardes sacando fotos cas miñas amigas.
No instituto tamén se comezaron a introducir as TIC e, por fin, comecei a facer traballos moito máis extensos e elaborados, xa que Internet me ofrecía un montón de fontes de búsqueda.
Por último, tamén comecei a escoitar e descargar un montón de música nova e a interesarme pola vida de persoas das que lía frases en Facebook ou en blogs.
Penso que o ordenador e Internet son unha gran ferramenta que me permiten estar sempre informada e traballar máis rápida e cómodamente, aínda que cando fallan, son un pouco desesperantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario