martes, 3 de maio de 2016

Práctica 14: ciberactivismo

Ciberactivismo. Que é? Seguro que no teu día a día atopas numerosos enlaces de noticias e historias diversas en contra de moitas das inxustizas que cometemos os humanos. Seguro que tamén as compartes no teu muro conmovido pola causa, pero, iso que soluciona? En verdade, pouca cousa ou nada. É certo que axudas a difundila a máis xente, pero se ti non fas nada máis, esa historia seguerá ocorrendo... Pero, se colaboras coa causa, se fas un xesto máis que compartir, entón, si estás axudando a que o fin desa inxustiza sexa máis próximo. Isto é o que denominamos ciberactivismo: colaborar con causas a favor ou en contra das inxustizas que hai ao noso arredor. Ser ciberactivista é loitar, loitar aínda que sexa desde casa, donando ou suscribíndote a unha páxina, por exemplo.

É certo, eu tamén comparto historias no meu muro e moitas veces non fago nada máis, pero decateime de que non me leva nada de tempo firmar polas causas que apoio para que se leven a cabo. Por eso, decidín inscribirme en Greenpeace. Eles mesmos o explican:

"Ser ciberactivista

Ser ciberactivista es movilizarse activamente en la defensa de la Tierra desde tu ordenador. Tu firma es una valiosa herramienta para la lucha por el medio ambiente, y con miles de ellas hemos conseguido paliar algunas de las agresiones más graves contra nuestro planeta."


Aínda que claro está que ser ciberactivista non é só loitar pola defensa da Terra. Tamén hai numerosas quedadas en Twitter para facer manifestacións a favor ou en contra de diversos motivos: aborto, LOMCE, dereitos dos traballadores, solidariedade... Acudindo a elas tamén estás loitando polo teu pensamento. Eu loitei, apoiei a folga en contra da LOMCE en Ribeira tanto este ano coma o ano pasado. E ti, por que loitas?
Podes suscribirte aquí para salvar o Ártico. Non permitamos que morran máis animais pola nosa culpa, non deixemos que se derrita máis xeo, salvemos este paraíso branco e tamén o noso planeta!


Se queres saber máis sobre o ciberactivismo, este blog explica os diversos tipos que hai e como podes colaborar neste movemento.

Por último, dicir que tamén estou suscrita a esta páxina, en contra do maltrato animal. Sabías que se abandonaron máis de 42.000 cans e gatos en Galicia en 2015? Paremos xa con isto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario