venres, 2 de outubro de 2015

Práctica 01: Roberto Iniesta.

Penso que moita xente, sobre todo xoven, non coñece a este cantautor extremeño, vocalista do grupo Extremoduro. Para min é todo un icono porque o seu traballo é o contrario a música comercial. Robe non é partidario de que as súas cancións sexan emitidas pola radio nin na televisión. De feito, tampouco concede moitas entrevistas. El di que os fans de verdade non necesitan todo iso, porque eles mesmos o encontran.
Ademais de cantautor tamén escribe novelas no seu tempo libre, das cales publicou unha chamada Viaje íntimo de la locura. 

Actualmente, Robe está traballando en solitario no seu disco Lo que aletea en nuestras cabezas, aínda que colabora con outros grupos e artistas, como Fito, nalgunhas cancións e discos, por exemplo Extrechinato y tú.
En numerosas entrevistas, a Robe pregúntanlle acerca o tema das drogas. El afirma que eso forma parte do pasado, que ahora está centrado ao cen por cen na súa familia e no seu traballo. Tamén cambiou un pouco a súa política e pódense escoitar algunhas cancións súas na radio e os anuncios do seu novo disco. 

       

"Me gusta mucho tener ideas contradictorias porque así, aunque siempre meta la pata, siempre tengo razón." - Roberto Iniesta


           

Ningún comentario:

Publicar un comentario