Para terminar este curso 2015-2016, he hecho un breve repaso sobre todo lo que hemos aprendido en esta asignatura gracias a nuestro profesor Pascual. Aquí está la presentación en Prezi, mi trabajo final.
Míriam
Benvenido ao meu blog, chámome Míriam Melón, e si, teño apelido de fruta. Espero que che guste o que vou subindo!
luns, 20 de xuño de 2016
martes, 7 de xuño de 2016
Práctica 15: Audacity
Co programa de edición de son Audacity, podemos combinar distintas pistas de audio para crear un ambiente sonoro entre outras mil cousas máis, como facer un spot publicitario, modificar sons ao noso gusto, editar unha gravación de voz, facer un contacontos... Estos son os meus traballos:
- Ambiente sonoro basado nunha paisaxe dun porto pesqueiro
- Lenda de Medusa unha lenda sobre a arrogancia
- Spot publicitario parodia dun anuncio de teletienda onde vendo un obxeto inútil: un portaplátanos.
Por último dicir que as miñas fontes foron Jamendo e Banco de sonidos
- Ambiente sonoro basado nunha paisaxe dun porto pesqueiro
- Lenda de Medusa unha lenda sobre a arrogancia
- Spot publicitario parodia dun anuncio de teletienda onde vendo un obxeto inútil: un portaplátanos.
Por último dicir que as miñas fontes foron Jamendo e Banco de sonidos
martes, 3 de maio de 2016
Práctica 14: ciberactivismo
Ciberactivismo. Que é? Seguro que no teu día a día atopas numerosos enlaces de noticias e historias diversas en contra de moitas das inxustizas que cometemos os humanos. Seguro que tamén as compartes no teu muro conmovido pola causa, pero, iso que soluciona? En verdade, pouca cousa ou nada. É certo que axudas a difundila a máis xente, pero se ti non fas nada máis, esa historia seguerá ocorrendo... Pero, se colaboras coa causa, se fas un xesto máis que compartir, entón, si estás axudando a que o fin desa inxustiza sexa máis próximo. Isto é o que denominamos ciberactivismo: colaborar con causas a favor ou en contra das inxustizas que hai ao noso arredor. Ser ciberactivista é loitar, loitar aínda que sexa desde casa, donando ou suscribíndote a unha páxina, por exemplo.
É certo, eu tamén comparto historias no meu muro e moitas veces non fago nada máis, pero decateime de que non me leva nada de tempo firmar polas causas que apoio para que se leven a cabo. Por eso, decidín inscribirme en Greenpeace. Eles mesmos o explican:
É certo, eu tamén comparto historias no meu muro e moitas veces non fago nada máis, pero decateime de que non me leva nada de tempo firmar polas causas que apoio para que se leven a cabo. Por eso, decidín inscribirme en Greenpeace. Eles mesmos o explican:
"Ser ciberactivista
Ser ciberactivista es movilizarse activamente en la defensa de la Tierra desde tu ordenador. Tu firma es una valiosa herramienta para la lucha por el medio ambiente, y con miles de ellas hemos conseguido paliar algunas de las agresiones más graves contra nuestro planeta."
Aínda que claro está que ser ciberactivista non é só loitar pola defensa da Terra. Tamén hai numerosas quedadas en Twitter para facer manifestacións a favor ou en contra de diversos motivos: aborto, LOMCE, dereitos dos traballadores, solidariedade... Acudindo a elas tamén estás loitando polo teu pensamento. Eu loitei, apoiei a folga en contra da LOMCE en Ribeira tanto este ano coma o ano pasado. E ti, por que loitas?
Podes suscribirte aquí para salvar o Ártico. Non permitamos que morran máis animais pola nosa culpa, non deixemos que se derrita máis xeo, salvemos este paraíso branco e tamén o noso planeta!
Se queres saber máis sobre o ciberactivismo, este blog explica os diversos tipos que hai e como podes colaborar neste movemento.
Por último, dicir que tamén estou suscrita a esta páxina, en contra do maltrato animal. Sabías que se abandonaron máis de 42.000 cans e gatos en Galicia en 2015? Paremos xa con isto!
Por último, dicir que tamén estou suscrita a esta páxina, en contra do maltrato animal. Sabías que se abandonaron máis de 42.000 cans e gatos en Galicia en 2015? Paremos xa con isto!
domingo, 1 de maio de 2016
Práctica 13: crea un gif
Co programa de edición GIMP, podes conseguir diversos e divertidos resultados, entre eles un gif animado a partir dunha imaxe. Para eso, o único que temos que facer é usar o efecto ilusorio Iwarp como animación e seleccionar o número de fotogramas que queremos. Finalmente, cambias o formato da túa imaxe a gif, gárdala, e listo!
venres, 29 de abril de 2016
martes, 29 de marzo de 2016
Práctica 11: deseño dunha tatuaxe
Qués facer unha tatuaxe e dubidas se che vai quedar ben ou mal? Agora cun pouco de control na edición de imaxes pódeste facer unha idea de como che vai quedar. Non me cres? Mira!
Outro exemplo:
![]() |
Tatuaxe orixinal |
![]() |
Tatuaxe feita por min |
![]() |
Modelo |
![]() |
Resultado |
martes, 8 de marzo de 2016
Práctica 09 - 10: Inkscape
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)